Saturday 18 de May de 2024

Abertos de novo os renovados parques infantís de Vixoi e Cortiñán


· As obras de remodelación xa finalizaron e o proxecto contou cun orzamento de 108.000 euros.

O Concello de Bergondo abriu de novo ao público os parques infantís de Vixoi e Cortiñán, tras finalizar as obras de mellora que se realizaron nestes espazos e que contaron cun orzamento total de 108.000 euros.

No caso do parque de Cortiñán substituíuse o pavimento existente por outro formado por cortiza de piñeiro, reparáronse os elementos biosaudables existentes e instalouse: unha tirolesa, unha randeeira dobre, unha estrutura con rede e tobogán e dous peiraos individuais.

No de Vixoi cambiouse o pavimento por outro de seguridade con aglomerado de caucho e instaláronse: mesas con bancos, un carrusel, unha randeeira dobre, unha estrutura con rede e tobogán e dous peiraos individuais.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, explica que “continuamos co noso plan de remodelación de todos vos parques infantís do municio”e destaca que “neste caso ou obxectivo era ampliar vos espazos de lecer con novos elementos de xogo, tendo en conta as demandas e necesidades que nos trasladaban vos veciños e veciñas”.